Archivo de la categoría: Sin categoría

Colaboración coa Asociación Participa por la Inclusión Social para un proxecto de cooperación

Bo día:

Dende a Concellería de Cooperación e Participación Cidadá do Concello de Oleiros queríamos solicitar a vosa colaboración coa Asociación Participa por la Inclusión Social para un proxecto de cooperación
Internacional que teñen en Grecia: unha Casa de Acollida para mulleres refuxiadas sirias e as súas crianzas.

Existe unha gran necesidade nesa casa de acollida de produtos específicos para os recén nacidos e para os nenos e nenas menores de 3 anos, principalmente no que a súa alimentación e hixiene se refire polo que son precisos produtos de primeira necesidade moi específicos para este sector de poboación: cueiros, leite e cereais.

Nestes días vos chegaran ás casas a través do alumnado a carta que achegamos, e colocarán nos centros carteis onde se explica onde depositar os produtos entre o 11 e o 18 de decembro. O día 19 pasaríamos a recollelos.

Coma sempre agradecer de antemán a vosa colaboración e solidariedade, así como desexarvos unhas felices festas e un bo 2019!

Unha aperta

Oleiros, 10 de decembro de 2018

Marga Figueroa
Concelleira de Cooperación internacional, Recursos Humanos e Participación cidadá
[cid:image003.jpg@01D173EF.D7274CB0]

Comparte

Votacións Consello Escolar

As votacións realizaranse no centro o día 26 de novembro en horario de 17:00 a
20:00 horas. A mesa electoral será constituída ese mesmo día ás 16:54 horas.
8. Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 1 nome dos
candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade mediante a exhibición do
DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable.
9. Teñen dereito a voto o pai, a nai e, se é o caso, o titor legal do alumnado.
10. Finalizada a votación procederase ao escrutinio final dos votos, que será público, e
unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral.
8. A Xunta Electoral resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

Comparte

RELACIÓN DE CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR

SECTOR REPRESENTANTES LEGAIS DO ALUMNADO

                Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR, a XUNTA ELECTORAL do IES María Casares fai pública a relación das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabética de apelidos:

1. Dona Isabel Cuesta Rivas

2. Dona Patricia Digón Regueiro

 Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, (DOG do 21 de outubro), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 membro do sector de representantes legais do alumnado, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. O resto dos representantes continúan como consecuencia da súa elección no ano 2016 (1) e o terceiro é a representante proposta pola ANPA .

        A campaña electoral comprenderá dende o 19 ao 24 de novembro, ambos días inclusive.

        O que se fai público para xeral coñecemento.

Oleiros, 20 de novembro de 2018

A DIRECTORA DO CENTRO E PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

Asdo.: Mª Ángeles Balseiro Balseiro

Comparte

Concello Escolar

Comparte

VII Andaina contra a Violencia de Xénero

Bo día!

Dende a concellería de Servizos Sociais queremos invitarvos a participar na VII Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas arredor da Ría do Burgo o sábado 24 de novembro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Esta andaina está organizada e apoiada por todos os concellos co obxeto de amosar o rexeitamento de todas as veciñas e veciños das Mariñas ao maltrato, á violencia e á desigualdade de xénero.

É unha andaina de carácter inclusivo e accesible en todo o seu percorrido co obxectivo de que participe toda a sociedade dende a xente maior aos nenos e nenas de cada familia.

A saída é ás 10:30 h na Casa das Palmerasxunto á ponte do Burgo, pola parte de Cambre, onde está a marquesina grande da parada do bus. Dende ás 10:00 h estaremos dando a benvida ás persoas participantes para poder iniciar á andaina puntualmente.

A andaina rematará no CEIP Portofaro, tamén en Cambre, a carón da ría, sobre as 12:30 h, onde se leerá un manifesto contra a violencia de xénero.

Podedes participar facendo toda a andaina, unha parte ou achegándovos á súa chegada ao CEIP Portofaro. Achego a imaxe do cartel anuncindo a andaina e outro co percorrido en formato JPG para poder compartir polo whatsapp mais fácilmente.

Por favor compartide esta información coas familias dos vosos centros para tentar que sexa masivo e visible o rechazo á violencia de xénero por parte de toda a sociedade, nun ano como este 2018 onde, tras o 8M, penso que se inciou un camiño real e consciente pola igualdade que xa non ten volta atrás e no que debemos ser todas e todos partícipes, tendo a responsabilidade de transmitilo tamén aos nosos fillos e fillas.

Moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración. Unha aperta

nacho

Ignacio Crespo López

Concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade

https://www.facebook.com/servizossociaisoleiros

Comparte

Mobile Week Coruña

Boas tardes.

Xuntamos programa da Mobile Week Coruña que vaise celebrar na Coruña e outras localidades. Parécenos unha actividade interesante para os nenos, xóvenes e adultos, relacionada coas novas tecnoloxías.

Saúdos

ProgWeekCoruna_borrador_es

Comparte

Campaña QUEN DIXO MEDO? Deputación da Coruña. Difusión «Aprendemos xunt@s. Charla Afectividade sexualidade»

Estimados Señores e Señoras:

A violencia de xénero converteuse nos últimos anos nunha lacra social, que afecta a toda a sociedade, a todos e todas por igual. Ante esta situación, debemos reaccionar; primeiro, recoñecendo que o problema existe e persiste, analizando os motivos que a causan para finalmente actuar contra ela de xeito contudente e decidido.

Ante estas situacións, o medo non pode ser unha opción; como individuos non podemos ter medo a denunciar a violencia, a actuar contra ela ou a protexer ás vítimas que a sofren. O medo é un elemento coactor que nos impide apreciar obxectivamente os problemas que nos rodean, por iso compre superalo.

Nace así campaña “ Quen dixo medo?” unha  campaña impulsada pola Deputación da Coruña encamiñada á sensibilización e prevención da violencia de xénero e a dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as súas diversas manifestacións.

No presente proxecto, participan os concellos pertencentes á provincia da Coruña con menos de 20000 habitantes, nos que se desenvolverán durante os anos 2017-2018 accións de carácter formativo, coeducativo e informativo.

Nesta ocasión, temos o pracer de convidalos e convidalas a unha charla informativa sobre afectividade e sexualidade, facetas fundamentais na vida das persoas que cobran especial relevancia na etapa da adolescencia. Resulta fundamental por tanto, desenvolver unha ética social que permita establecer relacións baseadas na igualdade, responsabilidade, e no respecto á diversidade sexual e de xénero, ao tempo que se eliminan as crenzas e prexuízos infundados en torno á sexualidade.

Dito evento terá lugar no concello de Sada, día 28 de novembro, no Salón de usos múltiples do IES Isaac Díaz Pardo. Sada. Horario de 19:00 a 20:30.

Esperamos contar coa súa participación e agradecemos de antemán a súa colaboración.

Reciban un cordial saúdo.

Díptico charla afectividade-sexualidade (1)

cartel charla volta ao cole disciplina positiva (1)

 

Comparte

Reunión Inmersión lingüística English Club

Desde la actividad extra-escolar del English Club se va a realizar una inmersión lingüística en Irlanda en el mes de julio 2019.Está orientado a alumnos y alumnas de 4 ESO, 1º y 2º de BAC.

El próximo martes 13 de noviembre a las 16.30 habrá una reunión informativa en el aula de inglés.

CARTEL BACH NUEVAS FECHAS (2)

Comparte

Obradoiro Concello de Oleiros

Bo día familias!

Acompañando na adolescencia ou cómo sobrevivir ao Big Bang emocional é o Obradoiro que a concellería de Servizos Sociais vai poñer en marcha no mes de novembro para as familias de Oleiros con rapaces ou rapazas entre 12 e 18 anos.

As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on linea partir das 10:00 h do xoves 25 de outubro e ata o luns 29 de outubro ás 14:00 h.

As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 15 persoas.

O obradoiro ten como obxectivo dotar de ferramentas aos pais e nais de menores adolescentes para acompañalos nesa difícil etapa da vida, na que se cuestionan as referencias e a autoridade e se constrúe o que será a súa identidade.

Hai un grave risco de perder a comunicación ou de instalarse no conflito permanente, polo que é preciso coñecer algo mais desta etapa e ter unha capacidade de empatía e de comprensión acerca do que están a vivir os nosos fillos e fillas, para estar aí cerca, presentes, acompañando.

O obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha que se desenvolverán os martes e os xoves do mes de novembro, de 19.00 a 21:00 h, na casa da Cultura de Perillo.

A metodoloxía proposta para este obradoiro, como é habitual, será con dinámicas vivenciais, participativas e dende unha perspectiva na que o sentido do humor tamén será unha parte importante, xa que é un elemento imprescindible para a xestión emocional nesta etapa.

As docentes encargadas de impartir este obradoiro son Sara Vierna e Virgina Pañeda, dúas profesionais con ampla experiencia e coñecemento tanto neste campo, como na xestión emocional, o mindfullnes, as redes sociais e a perspectiva de xénero. Anteriormente impartiron o de “redes sociais e adolescencia” con moi bos comentarios por parte das familias que acudiron.

Achego tamén o cartel nun formato que permite a súa difusión por redes sociais e whatsapp.

Agardamos que esta actividade sexa do voso interés.

Un saúdo

nacho

Ignacio Crespo López

Concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade

https://www.facebook.com/servizossociaisoleiros

Comparte