Por iniciativa dun grupo de alumnos de 4º da ESO comenzamos unha campaña de colaboración coa ONG BASSARI ÁFRICA para a construcción dun pozo nuha aldea do Senegal. O martes 26 de novembro o alumnado de 3º e 4º participará en competicións deportivas solidarias, pero solicitamos a colaboración das familias para recaudar o diñeiro necesario para a construcción deste pozo que sen dúbida cambiará a vida das xentes da aldea. Con tal fin desde o día 19 ata o próximo 5 de decembro poderán realizarse as achegas desexadas na secretaría do instituto. Calquera cantidade é importante para un proxecto que pretende educar aos nosos alumnos e alumnas na solidaridade e na confianza na nosa capacidade para realizar pequenas pero imprescindibles actuacións para a mellora da sociedade. Eles traballan con moita ilusión e esperan a colaboración de toda a comunidade educativa do María Casares.
Moitas grazas a todos.