Aquí podedes consultar a información da convocatoria de becas bacharelato, FP e outras ensinanzas.
Archivo de la categoría: Novas
Folla inscrición na ANPA para o curso 2016/2017
Aquí podedes descargar a Ficha de inscrición na ANPA para o curso 2016/2017
CORRECCIÓN NOS HORARIOS DO PROGRAMA DE REFORZO:
O horario da actividade será de 17:00 a 19:00 horas.
As sesións realizaranse no seguinte calendario semanal:
– Casa do Pobo de NÓS
Educación Primaria: Luns
Educación Secundaria: Xoves
– Centro Social de RIALTA
Educación Primaria: Martes
Educación Secundaria: Mércores
– Casa da Cultura de PERILLO
Educación Primaria: Mércores
Educación Secundaria: Venres
Programa de Reforzo e Apoio Escolar do Concello
O programa ten como obxectivo fundamental o de previr o fracaso escolar entre os nosos escolares e favorecer a igualdade de oportunidades do alumnado.
Comezará o 11 de xaneiro, irá dirixido novamente ao alumnado de primaria e secundaria do Concello de Oleiros.
A actividade terá lugar na Casa da Cultura de Perillo (Educación primaria o Luns, Educación Secundaria os Xoves), na Casa do Pobo de Nós (Educación Primaria os Martes, Educación Secundaria os Mércores) e Centro Social de Rialta (Educación Primaria os Mércores, Educación Secundaria os Venres). En todos estes espazos o horario do programa será de 17:00 a 19:00 horas.
A inscrición pode facerse presencialmente, cubrindo e asinando a ficha de inscrición do programa e entregándoa na Concellería de Ensino e Xuventude sita no Centro Cultural A Fábrica, ou nos centros escolares, solicitando a ficha de inscrición, e entregándoa asinada e cuberta no propio Centro.
Para máis información podedes chamar ao 981 636 598
Alumos e alumnas de 3ºESO vencedores no «Rallye matemático sen fronteiras»
Subvención 2014
A Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 5 de novembro de 2014, concedeu á nosa ANPA a cantidade de 2.688 euros, en concepto de actividades extraescolares: obradoiro o galego a nosa vantaxe, obradoiro banda deseñada, saída cultural Casa do queixo e obradoiro de teatro.
Eleccións ao Consello Escolar
Estimados pais e nais:
Dende el ANPA e dende o centro animase aos pais e as nais a participar como candidatos nas eleccións que se celebrarán proximamente.
A pertenza ao Consello Escolar require asistir ás xuntanzas que se realizan durante o curso, nas que se toman as decisións que afecta aos nosos fillos e as nosas fillas.
É polo tanto moi importante que haxa representantes dos pais e nais no Consello Escolar.
O prazo para presentar candidaturas é do 7 ao 14 de novembro.
As eleccións son o 26 de novembro de 16:30-21:00.
Animávosvos a que presentedes a vosa candidatura.
A Xunta Directiva
Nova conta da ANPA
Asemblea ordinaria
Estimadas familias,
Poñémonos en contacto con vós, co obxecto de convocarvos a unha asemblea ordinaria, o vindeiro mércores, día 18 de xuño, ás 18:00 horas en primeira convocatoria, e ás 18:30 horas en segunda, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2. Informe da presidenta (actividades,etc.).
3. Aprobación de contas.
4. Banco de libros.
5. Renovación da Xunta Directiva.
6. Asuntos varios.
7. Quenda aberta de intervencións.
A directiva
ANPA OS PAZOS