Archivo del Autor: ANPA Os Pazos

Diptico de actividades culturais 2013

Diptico

 

 

Facendo click na imaxe podedes descargar o diptico das actividades culturais 2013.

Comparte

Mobilizacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público contra da LOMCE

Plan de mobilizacións contra da LOMCE en xuño

Calendario de mobilizacións para o mes de xuño

Comparte

¿Por qué estamos en contra da Lai Wertz?

1.    Aumenta a ratio por aula tanto en primaria como en bacharelato nun 10 %.

2.    Establece unha proba, similar ás antigas reválidas en 3º e  6º de primaria, finais da ESO e o Bacharelato.

3.    Porque abre a porta definitivamente á privatización do ensino público.

4.    Porque deixa sen efecto a actual obriga da administración de ofrecer unha praza na escola pública, a todo cidadán que o solicite para o seu fillo. Basta con que se ofreza unha praza dun centro concertado, sexa ou non relixioso.

5.    Equipara os centros educativos a empresas. Considérase ao Director un Xerente da escola, que so debe dar explicacións á administración. . O Xerente será o encargado de contratar os servizos do centro coas diversas empresas de recursos, tecnoloxías, infraestruturas e persoal docente.

6.    Reduce aínda máis a representación de pais e profesores nos Consellos Escolares e tamén a potestade deste órgano no funcionamento das escolas.

7.    Blinda os concertos para colexios que segregan por sexo. Segrega e finalmente expulsa o alumnado con problemas de aprendizaxe.

8.    Dificulta a obtención do título de graduado en ESO ao alumnado de FP básica. En caso de ter aprobado todos os exames dos tres cursos da ESO o estudante non contará co título se non aproba a reválida, aínda que non  teña interese en seguir co Bacharelato.

9.    Rebáixase ao 40% a incidencia da media para acceso á Universidade e desaparece a existencia dunha proba igual, para centros públicos, privados ou concertados. Faranse probas a determinar con avaliación en cada centro. As notas do centro de procedencia, sen control administrativo no caso dos colexios e institutos privados e concertados, contarán un 60% para fixar a nota de acceso á Universidade. Non se fala de quen fará a avaliación, en última instancia,  do funcionamento dos centros.

10.  Dota de presuposto aos centros en función dos proxectos non das súas necesidades pedagóxicas e sociais.

11.  Considera avaliable a materia de Relixión e considera competencia das autoridades relixiosas tanto o temario como o profesorado.

12.  Fai desaparecer a materia de Educación para a Cidadanía.

13.  Pon as bases para cuestionar no futuro o ensino das linguas propias de comunidades autónomas. A única lingua vehicular no ensino será con esta lei o español. O galego, o vasco e catalán non teñen esa consideración.

14.  Foméntase a inequidade e a competencia entre todos os centros.

A Lei Wertz foi aprobada polo Consello de Ministros o pasado 17 de maio. Segue o seu trámite parlamentario. O proxecto do goberno é que entre en vigor no 2014 .

Comparte

Axudas para mercar libros de texto

Estimadas familias

A Xunta de Galicia publica as súas axudas para familias que teñan fillos/as matriculados/as en centros sostidos conn fondos públicos de educación primaria, secundaria e especial, Boe da publicación.

Comparte

Acto informativo da LOMCE

Acto 5 xuñoAs ANPAs de Oleiros, coa colaboración do Concello de Oleiros, e a participación da Federación Provincial de Anpas, CONFAPA Galicia e a Plataforma en Defensa do Ensino Público, presentarán un acto informativo en torno á LOMCE no Auditorio de A Fábrica, de Perillo, o vindeiro mércores 5 de xuño ás 19:30 horas.

Trátase dun acto no que diferentes membros das organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público ofrecerán unha charla informativa sobre o contido e o estado actual da LOMCE, así coma unha presentación do calendario de mobilizacións previstas a nivel autonómico e estatal para o vindeiro mes de xuño en defensa do ensino público e contra a LOMCE e os recortes en materia de educación.

Comparte

Asemblea de Oleiros na Defensa do Ensino Público

Próximo luns día 13 de maio no CEIP Luis Seoane de Mera ás 18:30 h

A orde do día é a que sigue:

– Avaliación das últimas accións  da asemblea e actuacións  a planificar a partir do día 13.

Comparte

Documentos LOMCE

A CONFAPA acheganos estos documentos en relación coa LOMCE

Comparte

En defensa do Ensino Público

As alumnas e alumnos do I.E.S. María Casares participaron na marcha convocada por a Asemblea de Oleiros na Defensa do Ensino Público.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/05/06/marcha-verde-apoyo-educacion-publica/0003_201305H6C7994.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/05/06/marcha-juegos-musica-educacion-publica/719126.html

Comparte

NON Á LOMCE

30 Razóns para dicir non á Lei Wert

Comparte