Archivo del Autor: ANPA Os Pazos

La Xunta premia al María Casares por un proyecto de innovación educativa

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2014/01/11/xunta-premia-maria-casares-proyecto/800565.html

Comparte

Mesa redonda: Sexualidade, non é algo que temos, é algo que somos

Xornadas sexualidade

Comparte

Asemblea de socios. 25/nov/2013

Estimadas familias,

Poñémonos en contacto con vós, co obxecto de convocarvos a unha asemblea ordinaria, o vindeiro luns, día 25 de novembro ás 18:30 horas en primeira convocatoria, e ás 19:00 horas en segunda, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2. Informe da presidenta

3. Informacion sobre as actividades

4. Asuntos varios

5. Quenda aberta de intervencións

A directiva

ANPA OS PAZOS

Comparte

Mesa redonda: Igualdade de xénero e educación

Igualdade de Xenero

Comparte

ENGLISH CLUB

LISTAXE MARTES

LISTAXE MÉRCORES

LISTAXE_RESERVA

Circular actividade de inglés

LETRA Anuncio

Comparte

Intercambio de libros

Unha vez que se pecharon os prazos de entrega e recollida de libros que a ANPA estableceu para o mes de setembro, continuamos tendo exemplares que ninguén recolleu e, polo tanto acordamos deixalos no instituto, para que calquera persoa que os necesite pase a recollelos.

O horario no que se pode pasar é o de apertura do propio instituto.

Comparte

Intercambio de libros setembro 2013

Comunicamos que en setembro abrirase un novo rlazo de entrega e recollida de libros de texto.

Poderanse entregar e recoller os libros na planta baixa do IES, nas salas de titorías, os días 10 e 11 de setembro, en horario de 17:00 h. a 19:00 h.

Se necesitades resolver calquiera dúbida ou tedes algunha pregunta, podedes contactar con nós a través do noso correo electrónico.

Comparte

Concentración 27 de xuño

Concentra27xun

Comparte

Intercambio de libros

IntercambioEstimadas familias,
Tal e como acordamos na asemblea de socios do pasado día 12, este ano iniciamos unha campaña de intercambio de libros de texto.
As familias que deixen os libros teran preferencia á hora de recollelos, para poder levar a cabo este control é necesario que cubrades o impreso que recolleredes no momento en que entreguedes os libros. Esta preferencia non garante o dereito a recoller libros, habida conta que non depende de nós, ter dispoñibles os que unha familia necesite, mais na medida do posible trataremos de que todos os alumnos que dan libros poidan tamén recibir todos ou algúns dos libros que necesitan.
Con respecto aos alumnos de primeiro da ESO, compre sinalar que a preferencia para recibir libros terana os alumnos que participan nos programas de intercambio, tanto no CEIP Isidro Parga Pondal, como no CEIP Luis Seoane.
Os libros poden entregarse o dia 25, nas aulas, ou durante toda esa semana en horario de mañá.
Poderase pasar a recoller libros os días 3, 4 e 5 de xullo en horario de 16:30 a 18:30. No caso de que nos queden libros por entregar habilitaremos días no mes de setembro.
Estade, polo tanto atentos á nosa páxina web, na que iremos anunciando novidades ao respecto.

Dende a directiva da ANPA desexámosvos a todos un bo verán.

Un Saúdo
A directiva ANPA OS PAZOS

Comparte