Archivo del Autor: ANPA Os Pazos

Subvención do Concello de Olieros

O Concello de Oleiros concedeu unha subvención a ANPA Os Pazos.

Documento do Concello

Comparte

Nota da CEAPA acerca da folga

Nota da CEAPA sobre a folga e o recurso contra as revalidas

Comparte

Carta aberta da CEAPA

Carta aberta da CEAPA sobre a campaña por os deberes

Comparte

Actividade English Club 2016/2017

Cartel da actividade de inglés English Club para o curso 2016/2017.

Comparte

Calendario Escolar curso 2016/2017

Aquí podedes consultar o calendario escolar para o curso 2016/2017 que se publicou no DOG o 15 de xuño.

Comparte

Teatro

Un dos grupos de teatro do centro, actividade que organiza a ANPA a través da empresa Artestudio Xestión Cultural, gañou de novo o 4º Premio na Categoría Cadete do Concurso Candilejas Don Bosco coa obra  “Irene Mendiluce”.

Esta obra será ademáis incluída no programa de actividades para o curso 2016/2017 que oferta o Concello de Oleiros.

Aquelas persoas que non pudieron asistir ás representacións que se fixeron no auditorio do centro Calvo Sotelo e do Auditorio de Mera poderán ver a obra no teatro Colón o vindeiro mes de outubro, así como no auditorio de mera o 25 de novembro, dentro do programa de actividades que se realizan con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Grupo de teatro

Comparte

Becas para o curso 2016/2017

Aquí podedes consultar a información da convocatoria de becas bacharelato, FP e outras ensinanzas.

Convocatoria de Becas

Comparte

Banco de libros 2014 (Actualizado)

7-setembro-2014

Unha vez finalizado o prazo de recollida e entrega de libros do mes de setembro, informávosvos de que hai dispoñibles 8 lotes completos de 1º da ESO.

Para recollelos podedes pasar polo instituto calquera día no seu horario habitual de apertura.

7-agosto-2014

Informamosvos das datas de entrega e recollida de libros para a quenda de setembro:

Xoves 4 de setembro, de 16:30 a 18:30 recollida de libros.

Venres 5 de setembro, de 16:30 a 19:00 entrega de libros

16-xunio-2014

Estimadas familias,

Este curso continuamos coa campaña de intercambio de libros de texto.

BooksAo igual que o curso pasado, as familias que deixen os libros teran preferencia á hora de recollelos, para poder levar a cabo este control é necesario que cubrades o impreso que recolleredes no momento en que entreguedes os libros. Esta preferencia non garante o dereito a recoller libros, habida conta que non depende de nós, ter dispoñibles os que unha familia necesite, mais na medida do posible trataremos de que todos os alumnos que dan libros poidan tamén recibir todos ou algúns dos libros que necesitan.

Con respecto aos alumnos de primeiro da ESO, compre sinalar que terán preferencia para recibir libros os alumnos e as alumnas que participan nos programas de intercambio, tanto no CEIP Isidro Parga Pondal, como no CEIP Luis Seoane.

Os libros poden entregarse o dia 23, nas aulas, ou durante toda esa semana en horario de mañá.
Poderase pasar a recoller libros os días 2, 3 e 4 de xullo en horario de 16:30 a 18:30. Estes días non se poderán facer entregas.

No caso de que nos queden libros por entregar habilitaremos días no mes de setembro.

Estade, polo tanto atentos á nosa páxina web, na que iremos anunciando novidades ao respecto.

Comparte

Nova conta da ANPA

Conta

Comparte