Archivo del Autor: ANPA Os Pazos

Banco de libros Curso 2018/2019

Estimadas familias,

Este curso a ANPA OS PAZOS non continúa coa campaña de intercambio de libros de texto.

Lamentablemente, non haberá un fondo solidario de libros debido a que neste momento non hai ninguén para xestionalo.

Lembrade que as familias beneficiarias do Fondo Solidario de Libros de Texto da Xunta e as que os mercaron co “cheque” da Xunta están obrigados a entregalos no centro (agás os das materias suspensas, que os poderán conservar ata setembro).

As familias propietarias de libros de texto que desexen cedelos (non para intercambiar) ao Fondo Solidario de Libros de Texto da Xunta  poderán deixalos na data e no  horario  que se detallan a continuación:

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

DEVOLUCIÓN DE LIBROS EN PRÉSTAMO

 Data.-Venres 22 de xuño.

 Lugar.- Secretaría do Instituto.

 Horario:

 1ºESO.- 10:30 a 11:00 h

 2ºESO.- 11:00 a 11:30 h

 3ºESO.- 11:30 a 12:00 h

 4ºESO.- 12:00 a 12:30 h

Para mais información:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmariacasares/node/988

Calquera dúbida podedes consultárnola a través do noso correo: info@anpaospazos.es

Recibide un cordial saúdo

A directiva da ANPA OS PAZOS

Comparte

Prestación de apoio á escolarización curso 2018/2019

Bo día familias!

Hoxe publicouse no BOP o extracto da convocatoria das axudas á escolarización que para o curso 2018/2019 facemos dende a concellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros.

As bases son similares ás de anos anteriores, dirixidas a apoiar nos gastos que hai no inicio do curso escolar naquelas familias nunha situación económica mais desfavorecida.

Son compatibles coas convocadas recentemente pola Xunta de Galicia.

As bases completas podedes atopalas na web do Concello de Oleiros, na concellería de Servizos Sociais e Sanidade, no apartado de publicacións. Antes de que remate a semana entregaremos a todo o alumnado a nota informativa.

Comparte

Convocatoria Asemblea ordinaria

Bastiagueiro, 18 de maio de 2018 

Estimadas familias, 

Poñémonos en contacto con vós, co obxecto de convocarvos a unha asemblea ordinaria, o vindeiro venres, día 25 de maio, ás 18:30 horas en primeira convocatoria, e ás 19.00 horas en segunda, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde día: 

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. 
  • Informe da presidenta. 
  • Revisión e aprobación anual das contas. 
  • Elección de membros da directiva da ANPA, en calquera caso a actual directiva cesa o día 30/06/2018. 
  • Asuntos varios. 
  • Quenda aberta de intervencións. 

A directiva 

ANPA OS PAZOS 

Comparte

Prestacións de apoio á escolarización

Publicáronse no BOP da Coruña as bases e a convocatoria para as Prestacións de apoio á escolarización do Concello de Oleiros para o curso 2017/2018.

Acceso a o BOP

Aqui tedes o Formulario para facer a solicitude

Comparte

Convocatoria de asemblea ordinaria.

Estimadas familias,
Poñémonos en contacto con vós, co obxecto de convocarvos a unha asemblea ordinaria, o vindeiro mércores, día 7 de xuño, ás 18:30 horas en primeira convocatoria, e ás 19.00 horas en segunda, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  • Informe da presidenta.
  • Información e adopción de acordos ao respecto da solicitude de subvencións.
  • Revisión e aprobación anual das contas.
  • Banco de libros.
  • Acordo sobre CONFAPA.
  • Actividades da ANPA para o curso 2017/2018.
  • Asuntos varios.
  • Quenda aberta de intervencións.

A directiva

ANPA OS PAZOS

Comparte

Recollida de aceite

Dende o Voluntariado de Oleiros solicitouse levar a cabo, como en anos anteriores, unha campaña de recollida para o Banco Solidario nos centros de ensino público de Oleiros. Este ano a recollida centraríase nun produto concreto, básico e de moita necesidade para completar outros productos que se entregan habitualmente: o aceite, tanto de oliva como de xirasol.

Para este fin queríamos solicitar a vosa colaboración para a difusión da campaña ás familias polos vosos medios nas redes sociais. A través do alumnado vos chegará unha carta ás familias solicitando a vosa participación. Achegamos o cartel da campaña e a carta que os levarán ás casas para que teñades a información.

A campaña está previsto que dure dende o luns 8 de maio ata o venres 19 de maio. Solicitamos conter a divulgación ata o luns día 8.

Comparte

Apoio a escolarización

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros informarvos que na Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros de onte xoves aprobáronse as bases e a convocatoria das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018.

Estas axudas son unha das medidas pola inclusión social coas que conta a concellería de Servizos Sociais e Sanidade co obxectivo de apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir, neste caso, os gastos extraordinarios que xenera o inicio do curso escolar nunha familia.

As novedades respecto anos anteriores son o incremento das cuantías das axudas así como o límite para acceder ás ditas axudas, ambas medidas permitirá acceder a mais familias e que as axudas recibidas sexan maiores.

Desta forma o importe das axudas para o curso 2017/2018 serán os seguintes:

–       2º ciclo de educación infantil: 70 €

–       Educación primaria: 80 €

–       ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 €

–       Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €

Nos próximos días vaise publicar no BOP a dita convocatoria, momento no que se abrirá o prazo para facer as solicitudes. Todas familias serán informadas desta convocatoria a través de cartas entregadas ao alumnado dos centros públicos de Oleiros, ademais de darlle difusión a través dos paneis informativos, web municipal, Radio Oleiros e redes sociais.

Comparte

Folga 9 de marzo

Adiantámosvos que as organizacións integradas na Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia (na que está a Federación Provincial de ANPAS da Coruña) convocan folga xeral en todos os sectores educativos para o día 9 de marzo, pola pasividade no traballo para acordar unha nova Lei Educativa.

Comparte

Concursos prensa escuela

Achegamos uns concursos que poden ser do voso interese.

http://promociones.lavozdegalicia.es/concursofotografia/112016_bases.pdf

http://www.prensaescuela.es/participa/concursos/201-concurso-mejor-periodista-2017

Comparte