Archivo del Autor: ANPA

Educación Sen Medos

Comparte

Aviso Importante

O prazo para a inscrición das actividades remata o día 27 de setembro. O pago do 1º prazo realizarase na primeira semana da actividade.

Comparte

Ficha de Socio Curso 2019-20

Comparte

Ficha de Inscrición de Actividades 2019-20

Comparte

Tabla de Actividades 2019-20

Actividade Días Horario Espazo Prezo Socios cuadrimestre Non Socios matrícula
Inglés
(1º-4º ESO)
martes 16:30-18:00 IES 80€ 30€
Técnicas de
estudio
(1º-4º ESO)
mércores 16:00-17:30 IES 80 € 30€
Teatro martes e
mércores
16:30-18:10 IES 140 € 30€
Comparte

Benvidos ó curso 2019-20

                                                          Bastiagueiro, 15 de setembro de  2019

Estimadas familias:

En nome da Xunta Directiva da ANPA Os Pazos, queremos darvos a benvida un ano máis.

Informámosvos que o centro conta con mais de 600 alumnos e arredor de 100  familias son socias da ANPA. As familias que esteades interesadas en ser socios da ANPA debedes cumprimentar o formulario que vos achegamos coa matricula e facer o ingreso da cuota (25 €/familia) na nosa conta. Na nosa web tamén está dispoñible o formulario e información para facer o ingreso da cota.

Aproveitamos para informarvos de que en breve empezaremos a organizar os grupos de actividades extraescolares do curso 2019/202, tedes tempo ata o día 27 de setembro para facer a inscrición; para participar e necesario que entreguedes a folla adxunta na secretaria ou no buzón de correos da ANPA. Tamén nola podedes facer chegar por correo electrónico.

As actividades pensadas para este curso 19/20 son:

Inglés, Técnicas de estudio e Teatro.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós no enderezo electrónico da ANPA, anpamcasares@gmail.com

Proximamente informarémosvos sobre a Xuntanza d@s soci@s da ANPA  para comezar  entre tod@s a nova andadura neste curso 2019/20.

Xunta Directiva

ANPA Os Pazos

IES Maria Casares

Comparte

Nota Informativa

 

Bastiagueiro, 20 de xullo de  2019

Estimados pais e nais,

Na última semana de xuño, a  directiva quedou có dirección do centro como se solicitou na asemblea extraordinaria do 17 de xuño, para transmitir as inquedanzas das familias.

A reunión rolouse de forma cordial. Acolleron de bo grado as nosas suxestións e solicitáronos a colaboración dos nais e país do centro para traballar conxuntamente para acadar o bo funcionamento do centro para o curso que ven.

Na vindeira asemblea xeral de socios, trataremos mais a fondo destes temas.

Sen mais, desexarvos dende a directiva Anpa Os pazos un bo verán!

 

Xunta Directiva

ANPA Os Pazos

IES Maria Casares

 

 

 

Comparte

El IES María Casares de Oleiros gana el premio Mil Primaveras

 

https://www.google.com/url?client=internal-uds-cse&cx=partner-pub-0319093145577670:3513366911&q=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/oleiros/2019/06/29/ies-maria-casares-oleiros-gana-premio-mil-primaveras/0003_201906H29C8992.htm&sa=U&ved=2ahUKEwifppe-55HjAhUQ1RoKHeeOBlwQFjAAegQIAxAC&usg=AOvVaw23BM8Ea0gRZypReV_NBTkr

 

Comparte

Juan Antonio Santamaría González

Dende o ANPA Os Pazos queremos transmitirlle o máis sincero pésame a familia e nosa comunidade educativa polo falecemento de Juan Antonio Santamaría González, ben querido profesor de relixión do noso centro.

Comparte