Aquí podedes descargar a Ficha de inscrición na ANPA para o curso 2016/2017
Archivo del Autor: ANPA
Banco de libros. Curso 2016/17
Estimadas familias,
Este curso a ANPA OS PAZOS continúa coa campaña de intercambio de libros de texto, que funcionará de xeito simultáneo co banco que organiza a Xunta de Galicia, e que será xestionado pola Dirección do instituto.
Lembrade que as familias que compraron libros co “cheque” da Xunta é obrigado que os entreguen á Dirección do centro. Nós estamos traballando en colaboración co instituto e acordamos que os libros que entreguedes para o banco da ANPA debedes deixalos en bolsas e debidamente identificados.
Este ano cómpre sinalar que, con case toda probabilidade, non servirá ningún libro de 2º nin de 4º da ESO, cursos que se incorporan á LOMCE, polo que non se recolleran libros deses cursos salvo que se rexistre algún cambio no calendario de aplicación da lei.
Recollida de libros
Os libros de 1º, 3º de ESO ne 1º de BAC poderán deixarse na aula de titorías (planta baixa) os días 22 e 23 de xuño en horario de mañá, así como de16:30 a 18:30 o día 27.
Solicitude de libros para o próximo curso:
Coa finalidade de poder preparar os lotes de libros da mellor forma posible, é necesario que todas as familias solicitantes cumprimenten o documento adxunto, marcando cales son os libros que se solicitan, xa que debido á optatividade ofertada polo centro non todo o alumnado cursa as mesmas materias.
Criterios de adxudicación:
1º ESO: Terán preferencia na adxudicación aquelas familias que fixesen entrega dos libros de 6º de primaria no centro de procedencia.
3º ESO e 1º BAC: Debido a que o alumnado que vai cursar estes niveles non pode facer entrega de libros de texto, repartiranse equitativamente entre as familias solicitantes.
Recollida de libros
Poderase pasar a recoller libros os días 29 e 30 de xuño en horario de 16:30 h a 18.30 h e o día 30 de xuño en horario de 16:30 h a 18:30 h.
Os libros solicitados que non se recollan nestes prazos, poderán retiralos calquera outra persoa o mesmo día 30/06/2016 de 18.30 a 19.00h.
Habilitaremos días no mes de setembro un novo prazo de recollida e adxudicación de libros. Estade, polo tanto, atentos á nosa páxina web, na que iremos anunciando novidades ao respecto.
Calquera dúbida podedes consultárnola no noso correo: info@anpaospazos.es
Recibide un cordial saúdo
A directiva da ANPA OS PAZOS
Representacións actividade de Teatro
INFORMAMOS a las familias de los niños/niñas que están en la actividad de teatro, de los horarios y lugares de las representaciones del mes de mayo:
Grupo 1º ESO. “IUS, SUMMA INIURIA”
20 de Mayo en el Auditorio de Mera dentro del acto de entrega de orlas del alumnado de 2ºBach. No podemos especificar horarios porque aún no nos lo han confirmado desde el centro.
25 de Mayo en el Colegio Calvo Sotelo a las 19:00h
Grupo Mayores. “Irene Mendiluce”
25 de Mayo en el Colegio Calvo Sotelo a las 20:00h
27 de mayo en el Auditorio de Mera a las 20:15h dentro da Mostra de Teatro Xuvenil do Concello de Oleiros
En el mes de octubre estarán programados dentro de la Mostra de Teatro Afeccionado del Teatro Colón (Día sin confirmar).
CORRECCIÓN NOS HORARIOS DO PROGRAMA DE REFORZO:
O horario da actividade será de 17:00 a 19:00 horas.
As sesións realizaranse no seguinte calendario semanal:
– Casa do Pobo de NÓS
Educación Primaria: Luns
Educación Secundaria: Xoves
– Centro Social de RIALTA
Educación Primaria: Martes
Educación Secundaria: Mércores
– Casa da Cultura de PERILLO
Educación Primaria: Mércores
Educación Secundaria: Venres
Programa de Reforzo e Apoio Escolar do Concello
O programa ten como obxectivo fundamental o de previr o fracaso escolar entre os nosos escolares e favorecer a igualdade de oportunidades do alumnado.
Comezará o 11 de xaneiro, irá dirixido novamente ao alumnado de primaria e secundaria do Concello de Oleiros.
A actividade terá lugar na Casa da Cultura de Perillo (Educación primaria o Luns, Educación Secundaria os Xoves), na Casa do Pobo de Nós (Educación Primaria os Martes, Educación Secundaria os Mércores) e Centro Social de Rialta (Educación Primaria os Mércores, Educación Secundaria os Venres). En todos estes espazos o horario do programa será de 17:00 a 19:00 horas.
A inscrición pode facerse presencialmente, cubrindo e asinando a ficha de inscrición do programa e entregándoa na Concellería de Ensino e Xuventude sita no Centro Cultural A Fábrica, ou nos centros escolares, solicitando a ficha de inscrición, e entregándoa asinada e cuberta no propio Centro.
Para máis información podedes chamar ao 981 636 598
Actividades organizadas pola ANPA
Axudas para a adquisición de material escolar
Publicada no DOG a convocatoria das axudas para adquisición de material escolar.
Banco de libros. Setembro 2015
Estimadas familias,
Finalmente cambiáronse a maioría dos libros de 1º e 3º.
En 1º ESO cambian todos, aínda que en Matemáticas non se vai utilizar libro de texto xa que está previsto usar materiais dunha plataforma virtual.
En 3º ESO mantéñense os libros que se relacionan a continuación, e para a materia de Matemáticas está previsto, ao igual que en 1º, utilizar materiais dunha plataforma virtual.
- Lingua castelá
- Música
- Cultura clásica (sección bilingüe; o non bilingüe cambia).
Os alumnos que vaian ao PMAR (o que ven substituír a divesificación curricular) si poderán utilizar os libros que se viñan utilizando no PDC (Ámbito lingüístico-social, ámbito científico-tecnolóxico e inglés).
A pesar dos cambios, dende a dirección comunícasenos que é posible que algún profesorado non teña inconveniente en permitir o uso de libros do curso actual, nalgúns casos as variacións son mínimas, polo que nós terémolos a disposición das familias, para que baixo o voso criterio decidades que facer.
A recollida en entrega de libros en SETEMBRO farémola con arreglo ao seguinte calendario:
RECOLLIDA DE LIBROS: 7 de setembro, de 16.30 h. a 19.30 h.
ENTREGA DE LIBROS: 8 de setembro, de 16.30 h. a 19.30 h.
A directiva.
Premiado no Certame Don Bosco o grupo de teatro do IES María Casares
O grupo de Teatro do noso instituto conseguiu o cuarto premio na categoría cadetes no Certame de Teatro Afeccionado Don Bosco na súa edición número 18.
A súa obra «Tolemias», dirixida por Ramiro Neira, foi distinguida entre as 92 que se presentaron este ano no certame que se desenvolve no Colexio Calvo Sotelo dependente da Deputación Provincial.
O grupo de Teatro do María Casares é producto dunha actividade da Anpa que se mantén nos últimos anos con éxito de convocatoria importante e supón unha aposta pola difusión da cultura e o fomento da súa relación no desenvolvemento persoal dos estudantes do instituto
Queremos mediante este escrito dar a noraboa aos premiados e lembrar que está aberta a convocatoria de prazas nesta actividade para o próximo ano dentro da documentación das follas de matrícula.
Subliñamos o esforzo e dedicación destas rapazas e rapaces na conformación dunha montaxe singular absolutamente orixinal no seu fondo e nas súas formas.
De novo o nome do Instituto vese relacionado cunha actividade que subliña o mérito dos estudantes co fomento de actividades que potencian as habilidades adquiridas na súa formación academica.
Noraboa
A Xunta directiva