Archivo del Autor: ANPA

Obras Avda Che Guevara

ITINERARIOS obras Avda Che Guevara

Comparte

ACTIVIDADES CURSO 2017/2018

Este curso a ANPA OS PAZOS continúa organiza as seguintes actividades:

INGLÉS
Martes ou mércores 16:30 h. a 18:00 h.
Unicamente para alumnos/as de 1º e 2º da ESO) 15 € ao mes os socios e 20€ ao mes non socios.

TÉCNICAS DE ESTUDO

Martes 16:30 h. a 18:00 h.

15 € ao mes os socios e 20€ ao mes non socios.

Ambas actividades levaranse a cabo nas aulas do instituto.

As actividades comenzan o MARTES, 3 de OUTUBRO.
O prazo de inscricións permanece aberto mentres haxa prazas dispoñibles.

Para inscribirse pode enviar un correo electrónico non que figuren os datos do estudante, ou ben no instituto o martes 03/10/2017 ás 16:30h.

Comparte

Obradoiros de mellora da comunicación familiar

Comparte

Banco de libros Curso 2017/2018

Estimadas familias,

Este curso a ANPA OS PAZOS continúa coa campaña de intercambio de libros de texto, que funcionará de xeito simultáneo co banco que organiza a Xunta de Galicia, xestionado pola Dirección do instituto.

Lembrade que as familias beneficiarias do Fondo Solidario de Libros de Texto da Xunta e as que os mercaron co “cheque” da Xunta están obrigados a entregalos no centro (agás os das materias suspensas, que os poderán conservar ata setembro).

As familias propietarias de libros de texto que desexen doalos ao banco da ANPA poderán deixalos nos días e datas que se detallan a continuación:

– RECOLLIDA DE LIBROS DO CURSO QUE REMATA

Os libros de 1º,2º, 3º e 4º de ESO (non se van recoller os de bacharelato) poderán deixarse na aula de titorías (planta baixa ao lado da fotocopiadora) os días 26 de xuño en horario de mañá e o 27 de xuño de 16:30 a 18:30. Este ano non funcionará o banco de libros para os alumnos e alumnas de bacharelato.

SOLICITUDE DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

Coa finalidade de poder preparar os lotes de libros da mellor forma posible, é necesario que todas as familias solicitantes cumprimenten o documento adxuntomarcando cales son os libros que se entregan e os que se solicitan, xa que, debido á optatividade ofertada polo centro, non todo o alumnado cursa as mesmas materias.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN

-En 1º ESO: Terán preferencia na adxudicación aquelas familias que fixesen entrega dos libros de 6º de primaria no seu centro de procedencia (CEIP Isidro Parga Pondal e/ou CEIP Luis Seoane)

-En 2º, 3º e 4º da ESO: os libros da ANPA repartiranse, en función da dispoñibilidade, entre aquelas familias que fixeran entrega dos libros ao banco da ANPA.

– RECOLLIDA DE LIBROS PARA O PŔOXIMO CURSO

Poderase pasar a recoller os libros adxudicados o  29 de xuño en horario de 16:30 h a 18.30 h.

Unha persoa pode recoller libros para outra, se conta cunha autorización escrita.

Os libros solicitados que non se recollan neste prazo, poderán ser retirados por calquera outra persoa o mesmo 29 de xuño de 18.30 a 19.00h.

No mes de setembro, unha vez coñecidas as cualificacións, habilitarase un novo prazo de recollida e adxudicación de libros. Estade atentos á nosa páxina web, nela iremos anunciando novidades ao respecto.

Calquera dúbida podedes consultárnola a través do noso correo: info@anpaospazos.es

Recibide un cordial saúdo

A directiva da ANPA OS PAZOS

Comparte

Actividades extraescolares curso 2017/2018

Dende o ANPA “Os Pazos” estamos estudando a posibilidade de iniciar para curso 2017/2018 novas actividades extraescolares. Necesitamos coñecer os vosos intereses para poder ofertalas e facer os grupos.

Gustaríanos que os/as interesados/as en participar nestas actividades marcásedes as vosas preferencias neste formulario e entregásedes a folla canto antes na Secretaría do centro ou no buzón da ANPA.

As actividades a elexir son:

OBRADOIRO DE TEATRO (martes e mércores 16:30 a 18:00). 15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

INGLÉS (martes 16:30 a 17:30. Unicamente para alumnos/as de 1º e 2º da ESO) 15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

TÉCNICAS DE ESTUDO (Están pendentes de concretar tanto os horarios como os prezos, porén prevemos que sexan similares aos das outras actividades)

Comparte

Xornada «Menores e o mundo dixital»

O uso xeneralizado da internet é unha das grandes revolucións de principios deste século, fomentar o seu uso en todas as disciplinas é unha das aspiracións da educación actual, pero estas cuestións tan positivas débense acompañar dunha educación sobre o que significa a privacidade e a confiabilidade, a proteción de datos, a propiedade intelectual, o uso das redes sociais, Chat, navegación por Internet, uso do correo electrónico, foros, xogos online.etc e todo isto é do que falaremos nesta xornada que cremos vai ser de gran utilidade e aprendizaxe.

O cartaz  inclúe  «codigo qr» que enlaza co noso formulario de suscrición. É moi cómodo para non tener que escribir no móvil a dirección web.

Comparte

Obradoiro de comunicación e xestión emocional

Dende a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros recibimos unha información que creemos pode ser de interese para as familias: o próximo luns 20 de marzo, a partir da 10:00 h, ábrese o prazo de inscrición a través da web municipal para a 2ª edición do Obradoiro “Comunicación e xestión emocional no entorno familiar

Comparte

Comunicado CONFAPA

Comunicado folga marzo-17

Comparte

Folga 9 de marzo

Comunicado Folga 9 Marzo

Comparte