Estimadas familias,
Tal e como acordamos na asemblea de socios do pasado día 12, este ano iniciamos unha campaña de intercambio de libros de texto.
As familias que deixen os libros teran preferencia á hora de recollelos, para poder levar a cabo este control é necesario que cubrades o impreso que recolleredes no momento en que entreguedes os libros. Esta preferencia non garante o dereito a recoller libros, habida conta que non depende de nós, ter dispoñibles os que unha familia necesite, mais na medida do posible trataremos de que todos os alumnos que dan libros poidan tamén recibir todos ou algúns dos libros que necesitan.
Con respecto aos alumnos de primeiro da ESO, compre sinalar que a preferencia para recibir libros terana os alumnos que participan nos programas de intercambio, tanto no CEIP Isidro Parga Pondal, como no CEIP Luis Seoane.
Os libros poden entregarse o dia 25, nas aulas, ou durante toda esa semana en horario de mañá.
Poderase pasar a recoller libros os días 3, 4 e 5 de xullo en horario de 16:30 a 18:30. No caso de que nos queden libros por entregar habilitaremos días no mes de setembro.
Estade, polo tanto atentos á nosa páxina web, na que iremos anunciando novidades ao respecto.
Dende a directiva da ANPA desexámosvos a todos un bo verán.
Un Saúdo
A directiva ANPA OS PAZOS