Bastiagueiro, 15 de setembro de 2019
Estimadas familias:
En nome da Xunta Directiva da ANPA Os Pazos, queremos darvos a benvida un ano máis.
Informámosvos que o centro conta con mais de 600 alumnos e arredor de 100 familias son socias da ANPA. As familias que esteades interesadas en ser socios da ANPA debedes cumprimentar o formulario que vos achegamos coa matricula e facer o ingreso da cuota (25 €/familia) na nosa conta. Na nosa web tamén está dispoñible o formulario e información para facer o ingreso da cota.
Aproveitamos para informarvos de que en breve empezaremos a organizar os grupos de actividades extraescolares do curso 2019/202, tedes tempo ata o día 27 de setembro para facer a inscrición; para participar e necesario que entreguedes a folla adxunta na secretaria ou no buzón de correos da ANPA. Tamén nola podedes facer chegar por correo electrónico.
As actividades pensadas para este curso 19/20 son:
Inglés, Técnicas de estudio e Teatro.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós no enderezo electrónico da ANPA, anpamcasares@gmail.com
Proximamente informarémosvos sobre a Xuntanza d@s soci@s da ANPA para comezar entre tod@s a nova andadura neste curso 2019/20.
Xunta Directiva
ANPA Os Pazos
IES Maria Casares