Archivo por meses: mayo 2019
Este é o desafío que fixo tolear o IES María Casares
200 escolares de Oleiros aceptan o reto de falar galego durante 48 horas | Noticias de Galicia | CRTVG
“Comunicación afectiva-sexual nas familias”
XV XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS
Concurso de deseño para mozos e mozas
«TODO POR UN LIKE»
Charla aberta: “TODO POR UN LIKE”
Charla aberta:
“TODO POR UN LIKE”
A influencia de internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual na infancia e na adolescencia
Xoves, 9 de maio
20:00 h
Auditorio da Fábrica
Santa Cristina
O próximo xoves 9 de maio, ás 20:00 h, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina haberá unha charla co título “Todo por un like” na que se falará sobre a influencia que teñen internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual nas etapas da infancia e da adolescencia.
Fai tempo que a educación e a formación dos nosos fillos e fillas non se restrinxe únicamente ao entorno familiar e o centro educativo, a irrupción nas últimas décadas das novas tecnoloxías e o acceso a internet a través de numerosos dispositivos provoca que estes medios sexan hoxe en día un potente axente educativo nas etapas da infancia e na adolescencia.
Coñecer a influencia que teñen nos menores, os comportamentos que derivan do seu uso indiscriminado e sen criterio e, sobre todo, a necesidade dun acompañamento por parte das familias serán algún dos obxectivos desta charla.
Coñeceremos que hai detrás de moitos dos comportamentos que observamos hoxe en día nos nenos e nenas e, posteriormente, na adolescencia, unha etapa da vida á que se chega cada vez antes de tempo.
Para falar sobre todo isto nada mellor que da man de dúas especialistas na educación emocional, en redes sociais e no traballo con menores e adolescentes: Sara Vierna e Virginia Pañeda, integrantes de Almas Meraki.
Esta charla enmárcase dentro do Programa Familias Inquedas, un conxunto de actividades dirixidas ás familias de Oleiros con menores para apoialas, acompañalas e orientalas na educación e crianza dos seus fillos e fillas.
Ignacio Crespo López
Concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade