Archivo por meses: octubre 2018

Obradoiro Concello de Oleiros

Bo día familias!

Acompañando na adolescencia ou cómo sobrevivir ao Big Bang emocional é o Obradoiro que a concellería de Servizos Sociais vai poñer en marcha no mes de novembro para as familias de Oleiros con rapaces ou rapazas entre 12 e 18 anos.

As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on linea partir das 10:00 h do xoves 25 de outubro e ata o luns 29 de outubro ás 14:00 h.

As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 15 persoas.

O obradoiro ten como obxectivo dotar de ferramentas aos pais e nais de menores adolescentes para acompañalos nesa difícil etapa da vida, na que se cuestionan as referencias e a autoridade e se constrúe o que será a súa identidade.

Hai un grave risco de perder a comunicación ou de instalarse no conflito permanente, polo que é preciso coñecer algo mais desta etapa e ter unha capacidade de empatía e de comprensión acerca do que están a vivir os nosos fillos e fillas, para estar aí cerca, presentes, acompañando.

O obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha que se desenvolverán os martes e os xoves do mes de novembro, de 19.00 a 21:00 h, na casa da Cultura de Perillo.

A metodoloxía proposta para este obradoiro, como é habitual, será con dinámicas vivenciais, participativas e dende unha perspectiva na que o sentido do humor tamén será unha parte importante, xa que é un elemento imprescindible para a xestión emocional nesta etapa.

As docentes encargadas de impartir este obradoiro son Sara Vierna e Virgina Pañeda, dúas profesionais con ampla experiencia e coñecemento tanto neste campo, como na xestión emocional, o mindfullnes, as redes sociais e a perspectiva de xénero. Anteriormente impartiron o de “redes sociais e adolescencia” con moi bos comentarios por parte das familias que acudiron.

Achego tamén o cartel nun formato que permite a súa difusión por redes sociais e whatsapp.

Agardamos que esta actividade sexa do voso interés.

Un saúdo

nacho

Ignacio Crespo López

Concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade

https://www.facebook.com/servizossociaisoleiros

Comparte

 

15 de outubro 2018

 

Estimadas Familias:

Unha vez mais poñémonos en contacto convosco dende a ANPA “Os Pazos para convocarvos  a unha Asemblea Ordinaria, o  luns 22 de outubro, ás 18:00 horas en primeira convocatoria, e ás 18:30 horas en segunda, no salón de actos do Instituto.

Queremo  insistir na necesidade de que as familias os impliquedes nos procesos educativos dos vosos fillos, xa que é unha responsabilidade como pais e que co traballo de todos     podamos incidir na mellora dos mesmos.

Temas a tratar na Asemblea,

  1. Lectura e aprobación dá acta anterior.
  2. Informe do Presidente (actividades extraescolares, solicitudes de axudas, dotación de recursos ao Instituto, futuros proxectos, etc)
  3. Presentación de contas.
  4. Ampliación da Xunta Directiva y Renovación de cargos.
  5. Rogos e Preguntas.

 

  Esperámosvos cun café !!!!

Xunta Directiva

“ANPA Os Pazos

 

Comparte

Actividades Outubro 2018-19

Á atención das persoas interesadas nas actividades da ANPA:

 

Dende a Xunta directiva da Anpa queríamos comunicar que hoxe martes 2 de outubro comeza a actividade de inglés que organiza dende hai varios anos a Asociación de Nais e Pais do Instituto.

As actividades de técnicas de estudo e bádminton non teñen data fixa de inicio polo momento.

No primeiro caso estamos pendentes de atopar un novo profesional que se encarregue de impartir a clase tras a marcha da profesora do curso pasado.

No caso do bádminton ainda non hai suficientes estudantes para formar o grupo. Mantense aberto o prazo de matrícula ata novo aviso.

INGLÉS (martes de 16:30 a 18:30. Unicamente para alumnos/as de 1º e 2º da ESO). 15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

TÉCNICAS DE ESTUDO (martes 16:30 a 18:00).15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

BADMINTON (mércores 16:00 a 17:00).10 € ao mes socios /15€ ao mes non socios

Desculpade polo retraso a grazas polo voso interese.

A Xunta Directiva da Anpa Os Pazos.

Ficha inscripción act. extraescolares 9-18

Comparte