Archivo por meses: septiembre 2018

Aviso Actividade de Inglés

 

Estimados nais e pais,

A actividade de inglés comenza o MARTES, 2 de OUTUBRO.
O prazo de inscricións permanece aberto mentres haxa prazas dispoñibles.

Nas actividades de técnicas de estudo e badminton  aínda non hai grupos formados.

Recordade que ampliamos o  tempo  para facer a inscrición ata o venres día 28 de setembro; para participar e necesario que entreguedes a folla adxunta na secretaria ou no buzón de correos da ANPA. Tamén nola podedes facer chegar por correo electrónico.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós no enderezo electrónico da ANPA,  info@anpaospazos.com.

Xunta Directiva

ANPA Os Pazos

IES Maria Casares

Comparte

«Cursos de Lengua de Signos» Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

https://www.faxpg.es/

https://www.faxpg.es/matricula-cursos-lse-2018-es.html

Comparte

Actividades 2018-19

Estimados nais e pais,

Aquí tedes as actividades que queremos ofertar este curso 2018-19:

INGLÉS (martes de 16:30 a 18:30. Unicamente para alumnos/as de 1º e 2º da ESO).  15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

TÉCNICAS DE ESTUDO (martes 16:30 a 18:00). 15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

BADMINTON (mércores 16:00 a 17:00). 10 € ao mes socios /15€ ao mes non socios

Ampliamos o  tempo  para facer a inscrición ata o venres día 28 de setembro; para participar e necesario que entreguedes a folla adxunta na secretaria ou no buzón de correos da ANPA. Tamén nola podedes facer chegar por correo electrónico.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós no enderezo electrónico da ANPA,  info@anpaospazos.com.

Xunta Directiva

ANPA Os Pazos

IES Maria Casares

Ficha inscripción act. extraescolares 9-18

Comparte

Carta de Benvida

 

Bastiagueiro, 19 de setembro de  2018

 

 

Estimadas familias:

 

En nome da Xunta Directiva da ANPA Os Pazos, queremos darvos a benvida un ano máis.

 

Informámosvos que o centro conta aproximadamente con  600 alumnos e arredor de 120  familias son socias da ANPA. As familiar que esteades interesadas en ser socios da ANPA debedes cumprimentar o formulario que vos achegamos coa matricula  e facer o ingreso da cota (25 €/familia) na nosa conta. Na nosa web tamén está dispoñible o formulario e información para facer o ingreso da cota.

 

Aproveitamos para informarvos de que en breve empezaremos a organizar os grupos de actividades extraescolares do curso 2018/2019, tedes tempo ata o día 24 de setembro para facer a inscrición; para participar e necesario que entreguedes a folla adxunta na secretaria ou no buzón de correos da ANPA. Tamén nola podedes facer chegar por correo electrónico.

 

As actividades pensadas para este curso 18/19 son: Técnicas de estudo, Inglés e badminton.

 

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós no enderezo electrónico da ANPA, info@anpaospazos.com.

 

Proximamente informarémosvos sobre a Xuntanza d@s soci@s da ANPA  para comezar a entre tod@s a nova andadura neste curso 2018/19.

 

 

Xunta Directiva

ANPA Os Pazos

IES Maria Casares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comparte

Charla Aberta A Volta Ao Cole En positivo

41830050_1676627242465507_3715576233539403776_o.jpg (1131×1600)

Comparte

Ficha de Inscrición de Anpa 2018-19

Estimados pais e nais,

Aquí tedes unha ficha de inscrición cos datos necesarios para facervos socios da anpa curso 2018-19. Podedes encher a solicitude e enviala por correo o deixalo no buzón da anpa no instituto.

Ficha inscrición ANPA 2018-19

Comparte