Bastiagueiro, 18 de maio de 2018
Estimadas familias,
Poñémonos en contacto con vós, co obxecto de convocarvos a unha asemblea ordinaria, o vindeiro venres, día 25 de maio, ás 18:30 horas en primeira convocatoria, e ás 19.00 horas en segunda, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Informe da presidenta.
- Revisión e aprobación anual das contas.
- Elección de membros da directiva da ANPA, en calquera caso a actual directiva cesa o día 30/06/2018.
- Asuntos varios.
- Quenda aberta de intervencións.
A directiva
ANPA OS PAZOS