Intercambio de libros

Estimadas familias,

Como publicamos anteriormente abrimos un novo prazo para recoller e adxudicar libros  despois dos exames de setembro.

Lembrade que as familias que compraron libros co “cheque” da Xunta é obrigado que os entreguen á Dirección do centro.

Recordámosvos  que este ano non servirá ningún libro de 2º nin de 4º da ESO, cursos que se incorporan á LOMCE, polo que non se recollerán libros.

Recollida de libros

Os libros de 1º, 3º de ESO e 1º de BAC poderán deixarse na secretaría o xoves 8 e venres 9  de setembro  en horario de mañá,

Solicitude de libros para o próximo curso:

Coa finalidade de poder preparar os lotes de libros da mellor forma posible, é necesario que todas as familias solicitantes cumprimenten o documento adxunto, marcando que libros se solicitan, xa que debido á optatividade ofertada polo centro non todo o alumnado cursa as mesmas materias.

Criterios de adxudicación:

1º ESO: Terán preferencia na adxudicación aquelas familias que fixesen entrega dos libros de 6º de primaria no centro de procedencia.

3º ESO e 1º BAC: Debido a que o alumnado que vai cursar estes niveis non pode facer entrega de libros de texto, repartiranse equitativamente entre as familias solicitantes.

Recollida de libros

Poderase pasar a recoller libros o día 12 de setembro en horario de 17.00 h a 18.00.

Calquera dúbida podedes consultárnola no noso correo: info@anpaospazos.es

Recibide un cordial saúdo

A directiva da ANPA OS PAZOS

Comparte