Archivo por meses: septiembre 2016

Folla para a inscrición de Actividades 2016

Folla para a inscrición de actividades 2016

Comparte

Nota informativa

Estimadas familias:

O pasado día 19 enviamos unha nota na que dabamos información ao respecto das actividades que están previstas para este curso. Na dita nota consta, por erro, que a actividade OBRADOIRO  DE TEATRO ten un custo de 40 €/cuadrimestre os socios e 60 €/cuadrimestre os non socios, cando o correcto é:

OBRADOIRO  DE TEATRO .  Martes e mércores de 16:30 h a 18:00 h. Custo da actividade: 60 €/cuadrimestre os socios e 80 €/cuadrimestre os non socios

Aproveitamos esta ocasión para informarvos de que odedes entregar as solicitudes na Secretaría do Centro, no buzón da ANPA, ou se prefierides podedes envialas ao noso correo electrónico.

As actividades comezarán no mes de outubro. Pedímosvos disculpas polo erro.

Recibide un codial saúdo.

Xunta Directiva

Comparte

Actividade English Club 2016/2017

Cartel da actividade de inglés English Club para o curso 2016/2017.

Comparte

Planificación das actividades extraescolares para o curso 2016/17

actividades-16_17

Comparte

Intercambio de libros

Estimadas familias,

Como publicamos anteriormente abrimos un novo prazo para recoller e adxudicar libros  despois dos exames de setembro.

Lembrade que as familias que compraron libros co “cheque” da Xunta é obrigado que os entreguen á Dirección do centro.

Recordámosvos  que este ano non servirá ningún libro de 2º nin de 4º da ESO, cursos que se incorporan á LOMCE, polo que non se recollerán libros.

Recollida de libros

Os libros de 1º, 3º de ESO e 1º de BAC poderán deixarse na secretaría o xoves 8 e venres 9  de setembro  en horario de mañá,

Solicitude de libros para o próximo curso:

Coa finalidade de poder preparar os lotes de libros da mellor forma posible, é necesario que todas as familias solicitantes cumprimenten o documento adxunto, marcando que libros se solicitan, xa que debido á optatividade ofertada polo centro non todo o alumnado cursa as mesmas materias.

Criterios de adxudicación:

1º ESO: Terán preferencia na adxudicación aquelas familias que fixesen entrega dos libros de 6º de primaria no centro de procedencia.

3º ESO e 1º BAC: Debido a que o alumnado que vai cursar estes niveis non pode facer entrega de libros de texto, repartiranse equitativamente entre as familias solicitantes.

Recollida de libros

Poderase pasar a recoller libros o día 12 de setembro en horario de 17.00 h a 18.00.

Calquera dúbida podedes consultárnola no noso correo: info@anpaospazos.es

Recibide un cordial saúdo

A directiva da ANPA OS PAZOS

Comparte