Deixamos o enlace a un vídeo, no que o director do Instituto Maruja Mallo de Ordes, Xosé Manuel Dopazo, fala dos principais problemas e desafíos que, segundo el, enfronta a educación. Nun ton positivo e esperanzador, amósanos moito do bo que teñen os nosos ensinantes e alumnado, e desvela o que para el son algunhas das claves para a mellora do ensino. Son 16 minutos ilusionantes.